Ir o contido principal

Subvencións para acondicionamento e modernización de locais retallistas

FacebookTwitterShare
Subvencións para acondicionamento e modernización de locais retallistas

No DOG do pasado 15 de xuño, publicouse a Orde do 1 de xuño de 2017 da Concellaría de Economía, Emprego e Industria destinada a subvencionar actuacións de mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas para o ano 2017 (código de procedemento IN201H).

Esta subvención, que está dirixida a establecementos comerciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 do Anexo I da orde antes citada, se dirixe a actuacións de modernización integral do local comercial,  proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, e ó pago de servizos dunha persoa xestora de redes sociais. As  empresas interesadas teñen o prazo dun mes para solicitala.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local quere darse difusión a estas axudas debido á súa utilidade para o tecido comercial local, e poñer á disposición das persoas interesadas en recibir máis información os servizos da Axencia de Desenvolvemento Local do concello.