Ir o contido principal

Solicitude de praza para as escolas infantís Choupana e O Hío

FacebookTwitterShare
Solicitude de praza para as escolas infantís Choupana e O Hío

As escolas infantís Choupana e O Hío permanecerán pechadas durante este mes de agosto, tal e como se recolle no artigo 25.2 do Regulamento de Réxime Interno destes establecementos públicos que están xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Todas aquelas persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro poderán facelo no Concello de Cangas. Convén sinalar que o prazo rematará o 31 de agosto de 2017.

Os impresos e a documentación necesaria para a formalización da prescrición están dispoñibles nas seguintes webs: