Ir o contido principal

Sábado, 6 de abril ás 21:00 horas. De Ste Xeito Producións presenta: LOLÓ E MAMÁ

FacebookTwitterShare
De Ste Xeito Producións presenta: LOLÓ E MAMÁ

Autoría e dirección: Esther F.Carrodeguas.

Elenco artístico: Stephy Llaryora e Josi Lage.

 

Iluminación e son: Javier Quintana.

Vestiario: De Ste Xeito Producciones.

 

Xénero: teatro comedia.

Idioma: galego.

Público: adulto.

Duración: 75 minutos.

 

Sinopse:

 Margot, a nai de Loló, queda no paro e decide instalase na casa de súa filla, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada dende sempre, pronto se transforma en desastre. ¿Como acolle unha filla o retorno da nai? ¿Quén e a nai e quén e a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Cánto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Loló e Mamá fainos ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo que o amor e unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama máis se sufre.

 

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=F28sra3E7D8

 

Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo: 5€.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/9863--de-ste-xeito-presenta-lolo-e-mama.html