Ir o contido principal

Remata o prazo para solicitar dous dos sete cursos AFD que porá en marcha o concello de Cangas

FacebookTwitterShare
Remata o prazo para solicitar dous dos sete cursos AFD do concello de Cangas

REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR DOUS DOS SETE CURSOS AFD QUE PORÁ EN MARCHA O CONCELLO DE CANGAS, DIRIXIDOS A OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE.

A Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas informa de que en breve rematará o prazo para solicitar na Oficina de Emprego de Cangas dous dos sete cursos AFD que lle concedeu ao Concello a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en concreto o de Creación e xestión de microempresas (538 horas), número 2018/ 003406, e o de Xestión comercial de vendas (628 horas), número 2018/ 003396.

As persoas desempregadas que estean interesadas en preinscribirse en algún destes dous cursos deben dirixirse o antes posible á Oficina de Emprego para solicitalos, indicando o nome e número do curso e o centro de impartición, a Casa de Oficios do Concello.

Os sete cursos que porá en marcha o Concello, tres deles con inicio en 2018 e catro en 2019, desenvolveranse no centro municipal de formación da Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, sumando un total de 3.826 horas de formación, incluídas as prácticas en empresas, permitindo todos eles a obtención do seu respectivo certificado de profesionalidade.

Están dirixidos ás persoas desempregadas e son completamente gratuítos, incluída a totalidade do material didáctico que se empregue na formación, podendo o alumnado  percibir así mesmo algunha axuda económica segundo as súas circunstancias persoais (axuda de transporte, discapacidade, IPI, conciliación e para mulleres vítimas de violencia de xénero).

Para consultar os programas, horarios e ampliar máis información poden dirixirse á Casa de Oficios do Concello (986304650, casadeoficios@cangas.gal, na Avda. de Bueu, 15, entresollado) .