Regulamento do Observatorio Municipal da Infancia
O 31 de marzo acordouse aprobar no Pleno do Concello o Regulamento do Observatorio Municipal da Infancia. Este ordenamento conseguirá que os nenos e nas nenas sexan os principais protagonistas da vila de Cangas, algo que se realizará a través da creación dun lugar totalmente humanizado e seguro no que se favoreza a independencia dos máis pequenos e pequenas.
O proxecto consiste en “educar para a vida. Nenas e nenos que, ademais de estar protexidos, deben estar preparados/as para a vida; educados/as no sentido de dispoñer de instrumentos, habilidade e autonomía”.
A raíz deste Regulamento crearase un Observatorio Municipal da Infancia que terá como obxectivo acadar unha mellor calidade de vida para todos os rapaces e rapazas. A Concellaría de Ensino e Deporte celebra nos vindeiros días a Semana da Infancia, sendo o martes 14 de novembro ás 18:00 horas no Salón de Plenos cando se leve a cabo a constitución do órgano citado. Media hora máis tarde realizarase unha charla-coloquio a cargo de Carlos Varela García sobre “A protección da infancia e a adolescencia nos distintos ámbitos de actuación social”.
Ao amparo deste proxecto, o xoves 16 constituirase o Consello Municipal da Infancia, o cal estará formado polo alumnado dos centros educativos de Educación primaria de Cangas.
- Log in to post comments



