Ir o contido principal

Recepción alumnos de intercambio

FacebookTwitterShare
 Recepción alumnos de intercambio

O Concello de Cangas recibiu nas súas instalacións ao alumnado do Collège Marc Chagall de Dompierre Sur Mer. Os rapaces e rapazas francesas de  15 e 16 anos chegaron o pasado xoves, día 10 de maio, e permanecerán en Galicia durante unha semana.

Durante estes días farán unha gran variedade de actividades. O venres tiveron unha xornada de convivencia, asistiron a clases e visitaron o Museo Massó. Hoxe irán á Illa de Ons, mañá a Santiago e o mércores á Garda, Tui e Valença.

Esta actividade está organizada polo Departamento de Francés do IES María Soliño. De feito, o ano pasado, foi o estudantado deste centro de ensino o que visitou Francia.