Ir o contido principal

Prendido da iluminación de Nadal

FacebookTwitterShare
Prendido da iluminación de Nadal

Mañá martes quedará inaugurado oficialmente o Nadal co prendido da iluminación contratada polo Concello. Todos os elementos de luz acenderanse ás 19:00 horas, un labor que levará a cabo o alumnado do CEIP Nazaret. De feito, a partir de agora, rotaranse os centros educativos de Cangas para que cada tempada se ocupe un deles en prender o alumeado da vila.


Ademais, previo a isto, convócase a toda a veciñanza ás inmediacións da Praza do Concello para que poidan gozar dunha velada divertida, xa que un grupo de monitores e monitoras encargaranse de animar a todo o pobo para que se comece a sentir o espírito característico desta época.


Por iso, desde o Concello animamos a toda a poboación a que asista ás inmediacións da Casa Consistorial con vestimenta de Nadal.