Ir o contido principal

Posta a punto do parque infantil de Socotelo

FacebookTwitterShare
 Posta a punto do parque infantil de Socotelo

A concellaría de Obras e Servizos vén de rematar os traballos previstos para o parque infantil de Socotelo en Menduiña, Aldán. Algo que supón a mellora deste espazo para desfrute da veciñanza e que cumpre cos proxectos de adecuación á normativa dos parques infantís e de adquisición de novos elementos de xogo presentados dentro do Plan de Concellos 2017.

Ademais, dentro das actuacións levadas a cabo, tamén se inclúen a reparación da baranda perimetral da zona infantil e a substitución da baranda superior na zona de descanso.