Parabéns a Heba Bermúdez
A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns a deportista canguesa HEBA BERMÚDEZ (Playas de San Javier), pola consecución da MEDALLA DE BRONCE no Campionato de Europa de Fútbol Praia que tivo lugar nestes días na cidade de Nazaré (Portugal). Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
- Log in to post comments



