Ir o contido principal

O Concello de Cangas habilita unha nova canle de comunicación ca veciñanza para resolver consultas e observacións relacionadas co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

FacebookTwitterShare
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cangas

O documento do PXOM do Concello de Cangas, encargado de clasificar o solo da vila e determinar os valores naturais ou ambientais que deben ser protexidos ou conservados nos límites do concello, ven de facerse público nos últimos días. Co gallo de garantir que tódolos veciños poidan ter libre acceso e uso do documento, o Concello habilitará na Casa de Cultura unha oficina técnica do Plan Xeral.

O obxectivo que persegue esta acción é a de recoller observacións por parte da veciñanza en relación á execución do Plan Xeral; especialmente no vinculado á súa faceta ambiental. O equipo de profesionais encargados de redactar o PXOM recollerá as demandas de información e suxerencias dos visitantes, malia que por lei esta Oficina Técnica non supón unha vía oficial de solicitude durante a tramitación do Plan Xeral. 

Aqueles cidadáns que desexen achegarse á Oficina Técnica para aportar as súas observacións ou solicitar algunha clarificación, poderán facelo cada luns entre as 11 da mañá e a unha do mediodía. Para axilizar a consulta, poderase solicitar unha cita previa a través da canle habilitada para tal fin na web do Portal Cidadán ou consultar o Plan Xeral de Ordenación Municipal