Ir o contido principal

Nova adquisición para a Policía Local

FacebookTwitterShare
Nova adquisición para a Policía Local

O Concello de Cangas presentou a súa nova adquisición: unha moto para a Policía Local. Trátase dun vehículo automóbil que facilitará a realización de patrullas polos ámbitos máis rurais de Cangas.

O Alcalde, Xosé Manuel Pazos, mostrouse moi satisfeito con esta compra, posto que “axudará ás rondas e vixilancias, ao control dos accesos ás praias e das contornas rurais, o que será moi positivo e complementará de boa forma as patrullas que ata o de agora se viñan realizando”.

Trátase dunha moto Yamaha de alta cilindrada preparada para as zonas xa mencionadas, aínda que tamén será empregada no casco urbano. O Concello xa contaba cun vehículo de características semellantes, pero decidiuse comprar un a maiores para reforzar o servizo de patrulla. O prezo da moto ronda os 10.000€.