Mellora do parque infantil de Nazaret
A Concellaría de Obras e Servizos completou os traballos no parque infantil de Nazaret, un espazo moi utilizado pola veciñanza. Todos eles están enfocados a garantir o cumprimento da normativa para a seguridade dos cativos e das cativas, o que é unha prioriade.
Dentro do proxecto de adecuación ao reglamento executáronse as obras de reparación de chans e elementos de xogo, substituíndo todos os compoñentes deteriorados como os pisos de madeira.
Con estas obras, o Concello continúa coas actuacións programadas ata rematar o proxecto que inclúe un total de nove áreas infantís.
- Log in to post comments



