Ir o contido principal

Firma convenio colaboración entre o Concello de Cangas e ASPOM

FacebookTwitterShare
Cartaz curso socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais (EAN)

Esta semana tivo lugar a firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Cangas e ASPOM co fin de favorecer as actividades de promoción turística e de desenvolvemento local do concello e formar a profesionais de socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais (EAN), capacitándoos para a realización de actividades de salvamento marítimo nas praias. Estas actividades velan pola seguridade do usuariado e a intervención en posibles accidentes ou situacións de risco.

O curso irá do 18 de xuño ao 9 de xullo de 2017, cun máximo de 20 participantes e tres profesores/as para o seu desenrolo.

Trátase dun curso ponte para os TSAAFD (Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas E Deportivas) e INEF, para formar e capacitar aos socorristas e permitirlles exercer como profesionais de salvamento nas praias este verán.

A inscrición será este domingo día 18 de xuño a partir das 17:00 horas na Piscina Municipal A Balea de Cangas, e deberán entregar copia do DNI e do título (TSAAFD ou INEF). A continuación realizarase a proba inicial polo que deberán levar traxe de baño, gorro, gafas e aletas.

O curso comezará o luns 19 de xuño, finalizando a parte teórica o 28 de xuño. A parte práctica irá do 29 de xuño ata o 7 de xullo, quedando exentos os/as profesionais que xa traballaran como socorristas.

Trátase dun curso totalmente gratuíto organizado polo Concello de Cangas, o IES María Soliño e ASPOM.