Ir o contido principal

Entrega do primeiro vehículo eléctrico ao concello de Cangas

FacebookTwitterShare
Entrega do primeiro vehículo eléctrico ao concello de Cangas

O Concello de Cangas acaba de recibir a súa última adquisición, o primeiro vehículo eléctrico para o servizo de xardinería, que permitirá facilitar o acceso a zonas máis estreitas do normal.

Esta novidade que conta coa boa acollida do Alcalde, Xosé M. Pazos, e a Concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giraldez que destacan a importancia de adquirir “un vehículo eléctrico, silencioso e non contaminante”.

Trátase dun vehículo especial, con gran mobilidade e unha caixa de carga que soporta 600 kg, que dotará de maior capacidade de carga ao persoal do servizo de xardinería. 

Ten unha cabina de dúas prazas, baterías de chumbo que se poden recargar cun enchufe normal e unha autonomía de 100 km. Conta, ademais, cunha caixa basculante de aluminio anticorrosivo e alzas volumétricas, importantes para trasladar os restos de poda e aproveitar a caixa ao máximo.

O custo total foi de 21.719,50 € con cargo ao Plan Concello 2017 da Deputación de Pontevedra.