Ir o contido principal

Entrega de premios do 15º Certame de Cómic de Cangas

FacebookTwitterShare
Entrega de premios do 15º Certame de Cómic de Cangas

O martes pola tarde na Casa da Xuventude, coa presencia do concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Andrés García Bastón, e a técnica Responsable de Mocidade, Mercedes Lorenzo Núñez, procedeuse a entrega de premios do 15º Certame de Cómic que organiza a Concellería de Mocidade do Concello.

Este certame está ligado ao Salón do Cómic que se organiza no mes de xullo. A pesar de que o Salón ten carácter bienal, o certame continúa convocándose tódolos anos e os traballos premiados serán expostos durante o desenvolvemento do 18º Salón do Cómic e Ilustración de Cangas que este ano se celebrará do 16 ao 21 de Xullo.


Os premiados do 15º Certame de Cómic son:


CATEGORÍA VIÑETA XOVE
1º PREMIO VX2 – CAZARECOMPENSAS
GABRIEL ELÍAS FERREIRO BERMÚDEZ (13 ANOS)


CATEGORÍA A
1º PREMIO A6 - INUIT
JORGE CAMPOS SÁNCHEZ (35 ANOS)


CATEGORÍA B
1º PREMIO B2 – UNHA HISTORIA DE CONFLITO
IAGO BOUZO GYSSELS (14 ANOS)

ACCÉSIT DIPLOMAS A:
SABELA ÁLVAREZ ÁLVAREZ (22 ANOS) – GATO CASEIRO
ISMAEL LÓPEZ ARIAS (15 ANOS) – OS BIOSBARDOS