Enredos de Nadal 2017
O Concello de Cangas, a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado, organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2017”, que ten coma obxectivos principais:
- Fomentar a igualdade de oportunidades
- Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
- Potenciar un modelo de sostibilidade social.
- Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
- Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
- Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.
Dirixido a: Nenos/as de 3 a 12 anos .
- Grupo de 3-6 anos
- Grupo 7-10 anos
- Grupo 11-12 anos
Datas:
- 1ª quenda: 26/27/28/29
- 2ª quenda: 2/3/4/5
- Actividade completa: 26/27/28/29 decembro e 2/3/4/5 de xaneiro
Horarios:
Actividades: 9:00 – 14:00 - Comedor 14:00-16:00 h
Actividades a desenvolver:
Talleres, xogos cooperativos,dinámicas de grupo, comedor.
Lugares: Ceip Nazaret // Ceip Espiñeira-Aldán
Prezo: Actividades de mañá: 20 €/semana
Actividades de mañá + comedor: 36 €/semana
Inscrición: ata o 19 de decembro
Información e inscrición: Casa da Xuventude. Rúa Real, 29.
Teléfono 986392171
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade tamén porá a disposición da veciñanza de Cangas axudas para unidades familiares que por escaseza de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social (986392266).
- Log in to post comments



