Ir o contido principal

Despedida a José Santiago Romay Roel

FacebookTwitterShare
Despedida a José Santiago Romay Roel

O Alcalde do Concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, recibiu no día de hoxe a José Santiago Romay Roel, tenente da Garda Civil de Cangas que, tras sete anos de servizo no municipio, pasa a ser destinado á localidade de Cambados.

Neste acto de despedida, o rexedor quixo destacar o traballo constante de Romay e mostrar o seu agradecemento pola súa profesionalidade, que permitiu en todo momento unha colaboración forte e moi fluída entre os dous entes. “Agora, o único que me queda é desexarlle a mellor das sortes no seu novo lugar de traballo”.