Ir o contido principal

Cross CEIP Castrillón

FacebookTwitterShare
Nova edición Cross CEIP Castrillón

Este domingo, día 5 de maio, terá lugar unha nova edición do CROSS POPULAR CASTRILLÓN, evento organizado pola ANPA. FORNOBEDO e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, o Club Atletismo Morrazo e a Concellería de Deportes de Cangas.

O evento, que terá lugar nos arredores do CEIP. CASTRILLÓN (Coiro), trascorrerá en horario de 10.00/13.00 h, e nel prevese a participación de arredor de 300 atletas, achegados dende diferentes localidades e centros escolares da Comarca do Morrazo.