Cortes de Tráfico polo Trofeo de Pedestrismo
Este domingo, día 3 de decembro, celebrarase o XLIV Trofeo Concello de Cangas de Pedestrismo. Con motivo da súa organización, nesa xornada vai estar cortada ao tráfico -na franxa horaria comprendida entre as 09:30 e as 13:30 horas- a Avenida de Bueu, desde a Rotonda da Confraría ata a Avenida de Ourense, á altura do cruce coa Aldea de Arriba.
Os residentes da Avenida de Marín poderán empregar a Rúa Atranco para a saída de vehículos. Asemade, os vehículos estacionados ese día por toda a zona que conleva o percorrido da proba (incluído o aparcamento situado nas Naves de Ojea e na Praza das Pontes), non se poderán retirar ata unha vez finalizada a carreira.
A partir das 12:00 horas quedará cortado todo o tráfico pola PO-315, ao seu paso dende a Nave de Deportes Náuticos de Aldán ata o desvío da rúa Pepe Simón, e desde a rotonda do Mexilón ata a Avenida de Ourense, á altura do cruce da Aldea de Arriba. Estímase que este corte terá unha duración aproximada dunha hora.
Para máis información, a veciñanza pódese dirixir ás dependencias da Policía Local de Cangas (986 303 031).
- Log in to post comments



