Ir o contido principal

Convocatoria Consello Sectorial de Urbanismo

FacebookTwitterShare
Convocatoria Consello Sectorial de Urbanismo

A Concellaría de Urbanismo do Concello de Cangas convoca o vindeiro martes, día 8 de agosto, ás 19.00 horas no Salón de Plenos unha reunión para poñer en coñecemento do contido das normas reguladoras do Consello Sectorial de Urbanismo (CSU), xa que, de forma inmediata serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), tendo un prazo de 30 días para poder presentar as reclamacións ou suxestións pertinentes.

Desde o Concello invítase a todas as Asociacións Veciñais, Xuntas de Montes en Man Común, Asociacións Medioambientais, Confrarías, Técnicos, Entidades Deportivas e Locais, ou demais colectivos interesados, a asistir a esta xuntanza. A importancia desta asemblea radica en que se avanzará na constitución definitiva do CSU, porase en coñecemento o regulamento do mesmo e marcaranse os criterios de traballo do propio Plan Xeral.

Sumado a todo isto, tamén se aproveitará a ocasión de presentar os responsables da empresa redactora do Plan Xeral ao propio Consello Sectorial de Urbanismo.