A compostaxe e a horta ecolóxica
O vindeiro luns ás 17:00 horas O Concello de Cangas ten programada unha charla divulgativa sobre “A compostaxe e a horta ecolóxica”, na que se abordarán diferentes técnicas que se poden utilizar como alternativa ao emprego de produtos químicos, centrándose nas vantaxes e beneficios que ten a utilización da compostaxe, facendo especial referencia aos composteiros comunitarios que o Concello de Cangas ten instalados en coordinación coa Deputación de Pontevedra. A sesión informativa, que ten unha duración prevista dunhas catro horas, correrá a cargo de Yolanda Pastoriza, que é mestra composteira da Deputación e é a responsable dos composteiros comunitarios instalados na Comarca do Morrazo. A charla realizarase no Salón de Plenos do Concello e a entrada é libre.
A actividade organizase desde a Concellaría de Desenvolvemento Económico do Concello, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, estando coordinada desde a Casa de Oficios.
A CONCELLEIRA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E EMPREGO LOCAL
Ánxela Vizoso Marcos
- Log in to post comments



