Ir o contido principal

Comezan os obradoiros de emprego da Granxa A Rúa VIII

FacebookTwitterShare
 Comezan os obradoiros de emprego da Granxa A Rúa VIII

Onte, luns 12 de novembro, deron comezo os Obradoiros de Emprego Dual da Granxa A Rúa VIII no que se desenvolverán dúas especialidades de ámbito forestal:

‐ Conservación e mellora de montes Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

‐ Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural.

Un total de 20 persoas, con contrato de formación por un período de nove meses a xornada completa, mellorarán a súa cualificación profesional e posibilitarán a súa inserción laboral.