Ir o contido principal

Clausura curso escolar 16/17 no CEIP Espiñeira de Aldán

FacebookTwitterShare
Clausura curso escolar 16/17 no CEIP Espiñeira de Aldán

Esta mañá asistimos á clausura do curso escolar 16/17 nun lugar moi especial, o CEIP Espiñeira de Aldán. Coincidindo con este acto, o alumnado de 5º e 6º aproveitou a ocasión para presentar o seu proxecto “A nosa charca”.

Trátase dun traballo de investigación no que os propios alumnos e alumnas identificaron os distintos animais presentes neste espazo, desenvolvendo un traballo a través de códigos QR e da aplicación de realidade aumentada Aurasma. Cada animal conta co seu propio código que nos traslada a unha descrición do mesmo e enfocando a imaxe veremos animacións e vídeos nos que o alumnado explica as mesmas.

Foi un traballo realizado integramente polos alumnos e alumnas.

O Concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, aplaude a dimensión solidaria deste evento, sempre da man dos hábitos saudables, “unha marcha que toca o tema social, deportivo e humano”. Animamos á veciñanza a acompañarnos nesta fermosa iniciativa solidaria.