Ir o contido principal

Ciudad Ciencia volve a Cangas cunha conferencia sobre métodos alternativos aos productos fitosanitarios

FacebookTwitterShare
Ciudad Ciencia volve a Cangas cunha conferencia sobre métodos alternativos aos productos fitosanitarios

Continuando coas actividades que o Concello de Cangas ven desenvolvendo no marco da iniciativa de divulgación científica Ciudad Ciencia, este próximo luns 8 de maio, ás 20:00 horas, o Salón de Plenos do Concello acollerá unha conferencia a cargo do científico do Instituto de Ciencias Agrarias (CSIC) Alberto Fereres, co título “Métodos alternativos sustentables e respectuosos co medio ambiente para o control de pragas e enfermidades dos cultivos ”. A conferencia esta aberta a todo o público en xeral que estea interesado no ámbito da agricultura sustentable, sendo a entrada libre.

Ciudad Ciencia é un proxecto de divulgación científica promovido polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Fundación “La Caixa” , que pretende achegar os avances científicos e tecnolóxicos á cidadanía e no que o Concello de Cangas ven colaborando desde hai 5 anos, sendo o único concello de Galicia que foi seleccionado para participar nesta iniciativa.

Para máis información sobre as actividades de Ciudad Ciencia que se coordinan desde o Concello de Cangas, o teléfono de contacto é o 986 304 650.