Celebración do Día de Europa na Praza de Abastos de Cangas
O vindeiro venres 4 de maio de 2018, o primeiro andar da Praza de Abastos de Cangas acollerá, en horario de 12:00 a 13:00 horas, o acto “DEGUSTA EUROPA”, organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Cangas e a escola de hostelería Manuel Antonio de Vigo, co gallo da conmemoración do Día de Europa na nosa localidade, resaltando a gastronomía autóctona.
O alumnado da escola de hostelería Manuel Antonio preparará diversos pratos con produtos locais, elixidos no mesmo mercado de abastos, para realizar degustacións gratuítas entre as persoas clientes da Plaza de Abastos, que contarán con preparacións in situ tipo showcooking para mostrar a súa elaboración.
O obxectivo será realizar pratos inspirados na cociña de países europeos con materia prima local, fomentando deste xeito a cociña de proximidade.
Toda a veciñanza está convidada a este acto, que contará coa asistencia da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e de representates da Corporación Municipal.
- Log in to post comments



