Bases do concurso Semana da Ciencia e Tecnoloxía 2018
A Concellaría de Ensino e Deporte convoca un concurso de carteis con motivo da Semana da Ciencia e Tecnoloxía que terá lugar no mes de abril para visibilizar o valor da ciencia así coma o conxunto de actividades que se van desenvolver durante ese evento.
PARTICIPACIÓN
Poderá participar o alumnado dos distintos centros educativos do Concello de Cangas, matriculados no curso 2017/2018.
Categorías: a) E. Primaria (3 - 6º cursos) - Individual e En Equipo
b) ESO-Bacharelato-Ciclos
REQUISITOS DOS CARTEIS
- A técnica de representación é libre. - O tamaño poderá ser en A3 / A4
- Na Categoría b) deberá incluír obrigatoriamente a seguinte lenda ou texto: "Semana da Ciencia e Tecnoloxía – Cangas - 9-13 abril 2018"
- Rexistrarase necesariamente con Lema ou Título, anotado na parte posterior da obra, lema identificativo durante as distintas fases do Concurso.
- Cada participante ou equipo poderá concursar cun máximo de 1 obra.
No cartel tamén deberá incluírse, con posterioridade, o logo do Concello de Cangas.
INSCRICIÓN
Lugar de entrega.- Casa da Xuventude de Cangas
Forma de presentación.- O profesorado de cada centro recollerá as propostas de cada categoría, presentándoas en sobres pechados, especificando “Concurso Carteis Xornadas de Ciencia – Cangas 2018” e indicando a Categoría - E.Primaria - e - ESO/Bacharelato/Ciclos-. Paralelamente incorporará outro sobre pechado co nome do centro educativo no seu exterior, onde incluirá a relación nominal de participantes coa correspondente lema.
A cada centro asignarase un número, Categorías A e B, e un novo número a cada alumna/o ou equipo, a fin de garantir a obxectividade no Concurso.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
1 - 20 de febreiro de 2018.
COMPOSICIÓN DO XURADO
A Comisión Avaliadora estará composta por tres Profesores/as (Bacharelato Artes, Plástica e Tecnoloxía) e dous/dúas alumnos/as (Secundaria (Artes) e Primaria), actuando de secretario/a, sen voto, o/a representante da Concellaría de Ensino.
PREMIACIÓN
O xuízo da Comisión Avaliadora será inapelable. Farase público quince días máis tarde do remate do prazo. Puntuarase entre 1 a 4 puntos por apartado. Apartados: - Calidade artística (manual ou dixital) - Técnica - Impacto publicitario - Orixinalidade.
PREMIOS
Establécense dous premios por categorías:
- Primeiro premio: Bono de 150 euros (Material Educativo) - Segundo premio: Bono de 50 euros (Material Educativo)
CESIÓN DE DEREITOS
Os/As alumnos/as e Equipos participantes das obras premiadas, afirman que as mesmas son orixinais e da súa propiedade e ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da súa obra para o fin nomeado. As obras premiadas quedarán en propiedade do Concello de Cangas.
- Log in to post comments



