Bases do certame FotoMAT Cangas
OBXECTIVO
POSTA EN VALOR DA MATEMÁTICA - 2018
O obxectivo deste concurso é descubrir na vida real e na nosa contorna calquera aspecto matemático, sexa xeométrico, gráfico, numérico,.... Pódense reflectir polígonos, cónicas, curvas, rectas paralelas, secantes ángulos,
transformacións xeométricas, perspectivas, proxeccións, proporción áurea, simetrías, mosaicos, frisos, gráficos estatísticos, expresións numéricas, etc.
Nas fotografías poderán aparecer persoas ou obxectos persoais, sempre que non poidan
ser identificados.
PARTICIPACIÓN
Poderá participar todo o alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato-Ciclos, dos distintos
Centros Educativos de Cangas, matriculado no Curso 2017-18.
3 Categorías:
. Alumnado de Primaria.
. Alumnado de ESO.
. Alumnado de Bacharelato - Ciclos.
BASES
1. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías que deberán ser orixinais. Non serán admitidas fotografías descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Poden facerse axustes na imaxe con respecto a cor, niveis, axustes e correccións. Non está permitido manipular a fotografía de xeito que se muden obxectos ou elementos da imaxe, non permitíndose fotomontaxes.
2. As fotografías poden facer referencia a calquera contexto real ou simulado, e sempre deben mostrar un aspecto relacionado coas Matemáticas.
3. Valorarase fundamentalmente os catro indicadores seguintes:
. A creatividade do/a autor/a para observar e captar nunha fotografía o aspecto matemático que quede sinalado por medio do título elixido.
. A orixinalidade do título elixido proposto para a fotografía.
. O grao de relación entre o aspecto matemático recollido na fotografía e o título.
. A calidade plástica e técnica da imaxe.
4. A participación neste concurso neste concurso implica a aceptación das súas bases e o fallo dos xurados.
CESIÓN DE DEREITOS
Os Departamentos de Matemáticas de cada centro e o Concello resérvanse o dereito de expoñer e/ou publicar os traballos presentados en exposicións, guías e nas súas páxinas web.
NORMAS DE PRESENTACIÓN
. As fotografías deberán enviarse en formato .jpg á dirección de correo electrónico de
cada Centro Educativo
. En “Asunto” debe poñer : FotoMAT – Cangas 2018
. No contido do correo, ademais de axuntar a fotografía, debe aparecer:
- Título da fotografía.
- Descrición e comentario da fotografía.
- Nome e apelidos do/a autor/a.
- Curso e Centro Educativo
PRAZOS
O prazo de presentación das fotografías ao correo electrónico de cada Centro será do 1
ao 23 de febreiro de 2018.
FASES DO CONCURSO
1ª Fase.- Cada Centro Educativo constituirá un xurado que fará a selección en cada caso, realizando unha exposición das mellores fotografías presentadas ao concurso e seleccionando 5 fotografías por categoría e Centro. As mesmas serán entregadas no Concello antes do 2 de marzo de 2018.
2ª Fase.- As cinco fotografías seleccionadas por categoría e centro expoñeranse na Planta Baixa do Auditorio Municipal de Cangas durante o mes de Marzo 2018.
PREMIOS
Sortearase entre todas/os as/os participantes no concurso, e por cada categoría, bonos de entrada para a Piscina Municipal A Balea de Cangas.
- Log in to post comments



