Bando Regulador para a Autorización de Apertura de Furanchos
O Bando Regulador 2017/2018 para a Autorización de Apertura de Furanchos no Concello de Cangas considera furanchos a todas aquelas adegas cuxas actividade principal sexa a de subministrar mediante prezo o viño excedente de consumo propio que procede dos seus viñedos.
Todos os colleiteiros e colleiteiras que desexen vender o viño neste tipo de establecementos necesitan da autorización municipal que se outorgará previa solicitude presentada pola persoa interesada. Na mesma débese facer constar o lugar exacto onde se sitúa a actividade, o número de litros que se pretende vender, a variedade ou variedades de uva da que procede e o período en que se pretende poñer á venda o seu consumo (o período abrangue desde o 1 de decembro ata o 30 de xuño). Ademais, a solicitude debe ir acompañada da documentación que especifica o documento do Bando Regulador anexado ao final do texto.
O horario de apertura para a venda e degustación do viño será dende as 12:00 horas ás 15:00 horas e das 19:00 ás 24:00 horas. Como máximo, os furanchos poderán ofertar ata un máximo de cinco tapas.
- Log in to post comments



