Ir o contido principal

Axudas comedor escolar curso 2017/2018

FacebookTwitterShare
Axudas comedor escolar curso 2017/2018

As concellarías de Ensino e Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade veñen de presentar as Bases Reguladoras para a concesión de axudas de comedor para alumnado de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria dos CEIP do Concello de Cangas, Curso 2017/2018.

O obxecto da presente convocatoria é regular o sistema de concesión de becas de comedor, nos centros escolares que dispoñan deste servizo de catering xestionado polo Concello de Cangas para o curso 2017/2018, dirixidas a menores escolarizados na segunda etapa de Educación Infantil e Educación Primaria, nos CEIP de Espiñeira, o Hío, Nazaret e a Rúa .

As axudas de comedor van dirixidas a familias con dificultades socioeconómicas e outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

O fin último destas subvencións é o de favorecer a integración socio laboral dos pais, nais, titores ou acolledores dos menores, apoiando as unidades familiares que por escaseza de recursos económicos non poden afrontar o custo do comedor escolar dos menores.

As axudas municipais de comedor son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade de organismos públicos ou privados, comprometéndose a persoa solicitante a comunicalo e reintegralo ao Concello no caso de ter percibida outra axuda.

O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2017/2018 será do 17 de xullo ao 18 de agosto de 2017 (ámbolos dous incluídos) e deberá realizarse no Rexistro Xeral do Concello de Cangas.

Para máis información poden dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social, rúa Andalucía 3 baixo.