Actividades que estamos a realizar co alumnado da especialidade de "Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais"
Alumnado da especialidade de "Vixilancia e extinción de incendios forestais" do Obradoiro de Emprego Granxa da Rúa VIII promovido polo Concello de Cangas, acompañados do seu experto docente Juan José Rodríguez Blanco, comezaron unha rolda de charlas divulgativas sobre "Prevención, extinción e traballos posteriores de areas afectadas por incendios forestais". dirixidas a escolares. As charlas, que comezarvos no CEIP da Rúa, continuarán no colexio CompañÍa de María e no IES María Soliño.
Nestas charlas tratarase de sensibilizar aos escolares na importancia dos labores preventivos, o coñecemento dos medios e labores de extinción e os posteriores traballos de recuperación das áreas afectadas.
As charlas compleméntanse con demostracións prácticas dos equipos de protección e as ferramentas utilizadas, así como do emprego da motobomba para o cal se conta coa colaboración de Protección Civil.
- Log in to post comments



