25 Aniversario Protección Civil

O Concello de Cangas conmemora o 25 aniversario de Protección Civil coas seguintes actividades:
- O mércores 13 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase a inauguración da exposición “25 anos de Protección Civil Cangas” na Casa do Concello.
- O xoves 14 de setembro, ás 20:30 horas, misa na honra do patrón o Cristo da Pila na Excolegiata de Cangas.
- O sábado 16 de setembro, ás 11:00 horas, simulacro acuático nas proximidades do heliporto. Ás 17:00 horas, simulacro de accidente de múltiples vítimas na explanada de Ojea.
- O domingo 17 de setembro, ás 11:00 horas, acto de recoñecemento ao antigo voluntariado no Salón de Plenos do Concello.
- Log in to post comments