Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Tarxeta metropolitana

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.

Nesta liña, a Xunta de Galicia e os concellos das diferentes Áreas Metropolitanas están a traballar para a posta en marcha dos novos Plans de Transporte Metropolitano co obxectivo de mellorar a competitividade, calidade e eficiencia do servizo.

O Plan de Transporte Metropolitano na Área de Vigo, dentro da que se atopa o Concello de Cangas activouse trala firma do convenio o día 4 de marzo do ano 2015. 

Ligazóns