O Concello de Cangas presta especial atención ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e da posta en marcha de programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas da nosa Vila.
Ademais dunha Concellaría Delegada de Normalización Lingüística, a Corporación Municipal procura a promoción do idioma galego, centrándose no uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio, de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.