Datos de contacto

Eirado do Sinal, 5 2º Andar. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 301 371

dlocal@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Blog / Facebook


Presentación

Axencia de Desenvolvemento Local (ADL)

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cangas xorde en decembro de 1999, coma un servizo municipal de promoción do desenvolvemento económico, creación de emprego e formación no ámbito territorial do Concello de Cangas. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local para, en colaboración con entidades do tecido económico e social da nosa vila, desenvolver políticas activas que favorezan a creación de emprego estable e de calidade en Cangas, así como a mellora das cualificacións profesionais, co fin dun desenvolvemento económico sostible que procure a inclusión social.

Os obxectivos xerais de funcionamento deste servizo son os seguintes:

  • Deseño de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do territorio, en
    base ao estudo da evolución e necesidades do mercado laboral.
  • Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
  • Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento
    local no ámbito municipal, rexional, nacional e comunitario.
  • Asesoramento a persoas emprendedoras sobre os trámites necesarios para a
    constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
  • Acompañamento durante os primeiros anos de vida dos proxectos
    empresariais asesorados dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento
    Local.
  • Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás
    demandas de empresas e persoas desempregadas.
  • Facilitar a incorporación á vida laboral do alumnado procedente de programas
    formativos organizados polo Concello, e o público en xeral.

Casa de Oficios Lorenzo Corbacho

Avenida de Bueu, 15, 1º.
Teléfono: 986 304 650
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Correo: casadeoficios@cangas.gal

Escola Taller Granxa A Rúa

Rúa A Pedreira, s/n. Coiro.
Teléfono: 986 301 001
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Correo: formacion@cangas.gal

A Escola Taller Granxa A Rúa e a Casa de Oficios Lorenzo Corbacho son centros de formación e de traballo nos que mozos e mozas desempregados/as reciben formación profesional ocupacional en alternancia coa práctica profesional (traballo en obra real), co fin de que ao seu término estean capacitados/as para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo laboral.