Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia

Desde o Concello de Cangas queremos facilitar toda a información acerca da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, publicada no DOG do 20 de xaneiro, polo que convoca aos diferentes colectivos a unha xuntanza informativa que terá lugar o vindeiro luns 23 de xaneiro ás 18:00 no Salón de Plenos.

Estas axudas están destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.

Esta orde tramítase na modalidade de concorrencia non competitiva, de modo que as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada ata o esgotamento de crédito orzamentario.

As entidades deberán estar debidamente inscritas no correspondente rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e conter na súa identificacións a denominación de asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociación de veciños, e ter actualizados no rexistro os datos de composición da xunta directiva e estatutos da entidade. No caso das comunidades de usuarios de augas deberán estar inscritas no libro do rexistros de augas do corresponde organismo de bacía.

A axuda económica concedida terá un límite máximo por entidade de 12.000€ para a realización de obras e 5.000€ para dotación de equipamentos, ata o esgotamento de crédito.

As entidades que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a documentación pertinente e unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local a través de medios electrónicos cun formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, neste caso ata o luns 20 de febreiro de 2017.

Todas aquelas persoas interesadas que non poidan acudir a esta reunión poderán consultar toda a información na páxina web do Concello.

Descargas

Ligazóns