Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Programa de Apoio Socioeducativo de Cangas 2019-2021. Programa RAIS

Programa de Apoio Socioeducativo de Cangas 2019-2021. Programa RAIS

Programa  de  intervención socio educativa que inclúe actividades de reforzo académico e actividades lúdicas co obxectivo da integración social dos menores con dificultades. É un  programa  dirixido  a  inclusión  activa e  a loitar contra a pobreza da poboación máis  vulnerábel, dende a activación e  a creación de ferramentas  para un futuro en igualdade de oportunidades.

Búscase:

  • Promover a adquisición dos hábitos e técnicas de estudo que permitan acadar  o  éxito  académico,  diminuíndo   así  o risco  de   abandono, desinterese  ou fracaso  escolar.
  • Favorecer  a  motivación  dos/as  alumnos/as  cara  os  estudos.
  • Promover  a  reflexión  sobre  a  actividade do estudo e os beneficios que proporciona sobre  a  persoa  que  a realiza.Fomentar bos hábitos de organización e planificación do estudo;  e  adquirir  as  técnicas de estudo necesarias para desenvolver a tarefa académica con éxito.

 Descrición das actividades:

 Martes:

  • 1º Grupo de 16:00-17:00 horas: Reforzo educativo primaria
  • 2º Grupo de 17:00-18:00 horas: Reforzo educativo primaria
  • 3º Grupo de 18:00-19:00 horas: Habilidades sociais secundaria.

 Xoves:   

  • 1º Grupo de 16:00-17:00 horas Reforzo educativo primaria
  • 2º Grupo de 17:00 -18:00 horas: Reforzo educativo primaria
  • 3º Grupo de 18:00-19:30 horas: Reforzo educativo secundaria.