Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


AXUDAS AO ASOCIACIONISMO

Hoxe públicanse no Dog as axudas ao asociacionismo dirixidas a Federacións de comerciantes, Centros Comerciais Abertos e Asociacións de Prazas de Abastos. 2,5 M€ para accións de dinamización comercial e promoción de ventas. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190402/AnuncioG0424-210319-0006_gl.pdf

 

 

 

 

O comercio tradicional na actualidade está sometido a un profundo proceso de cambio que esixe realizar un esforzo de renovación e adaptación continuo, co obxecto de que se

volva situar na posición histórica que tradicionalmente veu desempeñando no desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades. O Plan de impulso ao comercio de

Galicia 2015-2020 ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade e modernización do sector. Por isto,

co obxecto de contribuír a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico, preséntase esta orde de subvencións dirixidas ás asociacións de comerciantes de carácter territorial,

sen ánimo de lucro, que leven a cabo proxectos para a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos.