Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 300 050

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.
Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.


PROGRAMA FORMATIVO “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)

Dende o luns 1 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos da nova edición do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019) ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo nos meses de maio e xuño.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” de 54 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

  • Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante os meses de maio e xuño son:

  1. Horticultura ecolóxica (17 h)
  2. Sistemas gandeiros ecolóxicos (14 h)
  3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (17 h)
  4. Sector ecolóxico - Comercialización (6 h)

 

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que inclúen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

 

GDR PONTEVEDRA MORRAZO _ Inscrición gratuíta no telefono de contacto  986 108 144 ou a través do  correo electrónico administracion@gdrpontevedramorrazo.eu