O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a toda a cidadanía, inaugurou en 1989 a Biblioteca Pública Municipal de Cangas, situada nun edificio construído para tal fin a carón da Praia de Rodeira, coñecido popularmente como a "Casa da Cultura de Cangas". Anos máis tarde, no ano 2001 e co fin de descentralizar o servizo e estender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas nas parroquias de Aldán, Darbo , O Hío e finalmente no ano 2003 en Coiro, todas elas inscritas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Todas contan con ordenadores con conexión a internet, escáner e servizo de impresora para que os usuarios e usuarias que o precisen poidan facer uso deles. Ademáis de rede Wifi que proporciona conexión gratuíta, incluso fóra dos horarios marcados de apertura.
Dentro do material que forma parte do fondo documental das bibliotecas, préstase atención á música, DVD, e banda deseñada.
As bibliotecas municipais contan cunha programación trimestral de carácter constante e cun blog a disposición dos usuarios e usuarias, onde se poden consultar ademáis das actividades de animación á lectura, todo tipo de cuestións en relación ás bibliotecas, horarios, servizos, enlaces relacionados co ámbito bibliotecario e de interese para a poboación lectora, así como a consulta do catalogo en liña.
http://www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com
A biblioteca Central de Cangas é depositaria do Fondo Teatral María Casares, onde se atoparán unha extensa documentación. Pode obter máis información sobre a mesma na páxina oficial da biblioteca: https://www.bibliotecaspublicas.es/cangas/
Consulta de Documentación da Historia Local
A colección local especialízase en todo tipo de documentación e a súa temática ten relación con Cangas ou as súas parroquias, ademáis de bibliografía producida en Cangas ou a escrita por autores e autoras cangueses. Así pois, nel podemos atopar información sobre: arte, etnografía, turismo, historia, economía, teatro, música, patrimonio, arqueoloxía, mar e pesca, recursos naturais, etc.
Este fondo documental alberga todo tipo de materiais, tales como monografías, revistas, trípticos, folletos, carteis, fotografías, catálogos, libros de festas, guías etc.
Como facerse soci@ das bibliotecas do Concello
Para obter o carné do servicio de bibliotecas débese cubrir o Impreso que se facilitarán en calquera das Bibliotecas do Concello cos datos persoais.
Servizos Bibliotecarios
.Préstamo a domicilio
-Material bibliográfico e audiovisual
. Préstamo en sala
.Conexión a Internet
-Pcs fixos, con escáner e impresora
- Wifi
.Información bibliográfica
.Formación de usuarios
.Visitas escolares guiadas (previa cita)
.Actividades de animación á lectura.
.Servizo de novidades, in situ e online ( blog)
.Suxerencias ou desideratas,
.Mediateca
.Centro de Consultas de Documentación de Historia Local