Oficina Técnica Municipal
A oficina técnica municipal do Concello de Cangas é a encargada de planificar e organizar as actividades a levar a cabo pola sección de Obras e Servizos en función das necesidades e prioridades detectadas, distribuíndo as tarefas a realizar polo persoal ao seu cargo en función das necesidades do servizo e as cargas de traballo. Ademais, deben supervisar e controlar a correcta execución das actividades desenvoltas pola sección de Obras, así como o control de persoal.
- Dirección técnica do departamento.
- Recepción e xestión de incidencias, queixas e reclamacións.
- Distribución de tarefas do persoal.
- Planificación e organización das brigadas.
- Estudo e planificación das obras a executar polo Concello.
- Elaboración de proxectos técnicos de obras civís.
- Dirección facultativa das obras de iniciativa municipal.
- Seguimento dos contratos que teñen por obxecto a execución de obras, servizos ou subministracións.
- Elaboración de informes ou documentación requirida por outros departamentos con asuntos relacionados coas tarefas propias da área.