ORDENANZA DE REGULACIÓN DE APARCAMENTO (O.R.A. ZONA AZUL) E DE APARCAMENTO DE RESIDENTES (ZONA VERDE)
O departamento de tráfico e a xefatura da policía local de Cangas están a tramitar o inicio do expediente de aprobación da nova ORDENANZA DE REGULACIÓN DE APARCAMENTO (O.R.A. ZONA AZUL) E DE APARCAMENTO DE RESIDENTES (ZONA VERDE).
En cumprimento da normativa vixente, os veciños, colectivos e persoas interesadas, poden aportar suxestións relacionadas coa temática de estacionamento e co ordenamento que se pretende aprobar, polo que teñen un prazo de 10 días hábiles a contar dende a data de publicación do presente escrito (15 maio 2019).
Coa finalidade de facilitar a tramitación de peticións e aportar a información relacionada coa ordenanza e coas áreas de estacionamento afectadas, o departamento de tráfico convoca unha xuntanza cos veciños interesados, no salón de plenos do Concello, o sábado día 18 de maio, ás 20:00 horas.