Obxecto
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cangas (ADL) xorde en decembro de 1999, coma un servicio municipal de promoción do desenvolvemento económico, cos seguintes obxectivos:
- DESEÑO de actuacións que contribúan ó desenvolvemento do territorio, en base ó estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
- DIFUSIÓN das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
- INFORMACIÓN sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no ámbito municipal, rexional, nacional e comunitario.
- ASESORAMENTO a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
- ACOMPAÑAMENTO durante os primeiros anos de vida dos proxectos empresariais asesorados dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
- PROMOCIÓN do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.
Beneficiarios
Os servizos que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local van dirixidos a:
- Desempregados.
- Persoas en activo, tanto por conta propia como por conta allea.
- Empresas, calquera que sexa a súa personalidade xurídica.
- Poboación en xeral.
Funcións
Asesoramento a emprendedores
Consiste en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar, e xestionándolles as mesmas de xeito gratuíto.
Este servizo préstase mediante un sistema de cita previa, para adaptarse en maior medida ás necesidades dos usuarios. As citas pódense solicitar persoalmente nas oficinas da Axencia, telefónicamente no 986301371 ou vía mail no enderezo: dlocal@cangas.gal.
Proxectos creación emprego
Dende o Concello, deséñanse unha serie de plans de creación de emprego atendendo ás necesidades locais e municipais, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos.
Actividades formativas de promoción da economía social e do emprendemento
Realización de cursos, charlas e seminarios, para difundir as características, particularidades e vantaxes da economía social e o autoemprego, buscando a participación activa de empresarios, traballadores e persoas desempregadas.
Xestión de prácticas curriculares non retribuídas no Concello:
Consite na realización das tramitacións necesarias para que as persoas estudantes de distintas titulacións que o precisen podan realizar as súas prácticas curriculares nos distintos departamentos do Concello de Cangas, incrementado deste xeito a súa empregabilidade.
Os centros educativos ou alumnado interesado en realizar prácticas no Concello de Cangas, deberán poñerse en contacto coa Axencia de Desenvolvemento Local.