CABALGATA DE REIS 2022

Este ano o percorrido da Cabalgata de Reis será moito máis longo para evitar aglomeracións. Tan so desfilarán as tres carrozas dos Reis Magos que non levarán acompañantes polo que non haberá tirada de caramelos.
A cabalgata sairá ás 18.00 h da Rúa e percorrerá a Avda. de Castroviejo, Avda. de Ourense, Daniel Castelao, Avda. de Bueu, Avda. de Vigo, Avda. A Coruña para rematar na Magdalena.
IMPORTANTE: Evitar aglomeracións no entorno da lonxa e do mercado
- Acudir con tempo suficiente para aparcar. Teñan en conta os tramos cortados á circulación. As zonas de aparcamento están debidamente sinalizadas.
- Buscar un sitio amplo e sen aglomeracións para desfrutar da cabalgata. O percorrido é grande polo que hai sitios de menos afluencia de persoas para ver a cabalgata con seguridade.
- Obrigatorio o uso da mascarilla e gardar a distancia de seguridade de 1.5 m co resto das persoas que non pertenzan ao núcleo familiar.
- Non subir ao mobiliario público (varandas, vallas, bancos…) xa que podemos esvarar e/ou caer.
- Non invadir o espazo do percorrido das carrozas, mantéñanse na marxe da rúa por onde desfilan.
- Vixiar @s cativ@s, soen despistarse con facilidade. No caso de extravío, manteña a calma e diríxase ao persoal da policía local ou protección civil.
- Hai que evitar que @s cativ@s se acheguen ás carrozas para evitar caídas e mesmo atropelos.
- En caso de emerxencia, siga as instrucións do persoal de policía local, protección civil e organización.
- Log in to post comments