VEN QUE CHE CANTO UN CONTO
Sábado 30 de outubro ás 18.00 horas. (ENTRADA DE BALDE!)
O dúo 2naFronteira conta xa un amplo percorrido artístico (dende 2011). Dende que volveron de Italia no 2013 acadaron o apoio das institucións galegas para a publicación dos seus 6 traballos, recibindo premios e distincións, e o amor do público. Carmen e Maurizio edicaron en moitas ocasións un mimo e enfoque particular á xente máis nova.
Carmen Penim e Maurizio Polsinelli
Voz, piano electrónico, efectos electrónicos.
Sinopse:
“Ven, que che canto un conto”, unha orixinal mestura de simpáticas cancións e narracións de contos creados a propósito para este espectáculo, cos que queren fomentar de xeito divertido e participativo o uso do galego entre a xente miúda. Igualdade, ecoloxía, respecto do que é diverso, acoso, a colaboración como medio de resolver problemas…son contidos tratados de xeito implícito e entretido nos contos.
Público: 3 a 9 anos e público familiar
Duración: aproximadamente unha hora.
ENTRADA DE BALDE!
- Log in to post comments