Ir o contido principal
Proxecto LUZAZUL

A TEMPESTADE 2026

FacebookTwitterShare
LuzAzul

Luzazul é un proxecto promovido polo concello de Cangas no que participan persoas con diversidade física e intelectual.

É un laboratorio de investigación artística e teatral onde se traballan propostas para sacar a luz todos os potenciais, cualidades, pensamentos, desexos, emocións e contribuir a coñecernos e que nos recoñezan.

Un dos obxectivos principais é integrar ás persoas con diversidade funcional e intelectual na vida social e cultural a través do teatro. Inclusión, dinamización e visibilización.

 

A tempestade.

Creación colectiva. O poder unido ao medo anula a creatividade, a risa, a música, a danza, as palabras.

Queremos honrar ás persoas valentes que viaxan ao outro lado das fronteiras para recuperar con pequenos xestos a liberdade. A historia comeza cun texto da obra "A tempestade" de William Shakespeare, onde se provoca unha tormenta, dende un poder máxico, absurdo.

A proposta é un homenaxe ás persoas libres que dende o amor, o humor, a risa e a creatividade salvaron a moitos seres de naufragar nas tempestades que provoca o poder.

https://youtu.be/s2EHM8OaCgg?si=G_wKNtmM5s7PgxfN