TEATRO DE NINGURES presenta: O OGROCHO

Sábado 2 de xaneiro ás 18:00 horas.
Autora: Suzanne Lebeau
Traducción: de Henrique Harguindey
Dirección: Salvador del Río
Intérpretes: María Salgueiro (nai), Lois Soaxe (Ogrocho).
Música: Anxo Graña.
Sinopse:
A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.
O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas....
Este relato negro e tenro inspírase nos contos tradicionais e está escrito coa finura e intelixencia da gran autora para público infantil, Suzanne Lebeau.
O Ogrocho aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano.
Ao expoñer as polaridades de dous personaxes fai que non os situemos como bos ou malos, senón como a seres complexos e cheos de emocións, de maneira que pode así mostrarse unha boa síntese da vida.
Idioma: galego.
Duración aproximada: 60 minutos.
Venda de entradas:
Prezo: 5 euros.
Reserva: auditorio@cangas.gal // Tfno.: 986 304 108.
Aforo limitado!
- Log in to post comments