Ir o contido principal
Aberto o tramite de Solicitude De Inscrición de Empresas na Base de Datos de Empresas Licitadoras do Concello de Cangas.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE EMPRESAS NA BASE DE DATOS DE EMPRESAS LICITADORAS

FacebookTwitterShare
Aviso a Licitadores

De acordo coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o día 9 de marzo de 2020 e a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na base de datos de empresas licitadoras do Concello de Cangas.

Poderán solicitar a súa inclusión na base de datos de licitadores do Concello de Cangas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras. que teñan plena capacidade de obrar.

As solicitudes de inscrición deberán facerse a través da sede electrónica do Concello e deberanse especificar a categoría/categorías ás que desexan inscribirse.

Os licitadores inscritos terán dereito a participar, mediante a presentación da correspondente oferta, en tódolos contratos que, dentro da categoría na que se atope inscrito, celebre o Concello de Cangas mediante a modalidade de contrato menor, é dicir, contratacións de servizos e subministros de importe inferior a 15.000 € (IVE excluído) e obras por importe inferior a 40.000 € (IVE excluído).

Para máis información poden poñerse en contacto connosco no teléfono 986 39 26 66 ou a través do correo electrónico contratos@cangas.gal .