“Sinalización do casco histórico de Cangas”

A Concellería de Turismo de Cangas instalará paneis informativos polo casco antigo que contribuirán a por en valor o patrimonio cultural e histórico da vila. O proxecto, “Sinalización do casco histórico de Cangas” ten un importe total de 18.016,90€, dos que 9.078,46€ serán aportados pola Deputación de Pontevedra en base á subvención “para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021”
A empresa Acitania Arqueoloxia, adxudicataria da obra, será a encargada de instalar os 14 puntos a sinalar, entre os que se atopan, o Barrio do Outeiro, o lavadoiro da Fonte Ferreira, a ExColexiata Santiago de Cangas ou as casas de patín. Os textos que se inclúen nos paneis van acompañados de ilustracións e fotografías e recollen un código QR que facilita a súa lectura ás persoas con discapacidade.
- Log in to post comments