Ir o contido principal

Xuntanza coa directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para tratar a nova orde de subvencións de atención temperá

FacebookTwitterShare
Xuntanza coa directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para tratar a nova orde de subvencións de atención temperá

O concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Tomás Hermelo, acompañado da coordinadora da Aula de Atención Temperá de Cangas, Claudia González, reuníronse onte en Compostela coa Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, e a Subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, Carmen Orgeira, para trasladar as necesidades e dúbidas sobre a nova convocatoria, aínda por publicarse de axudas para Aulas de Atención Temperá.

Esta xuntanza nace da necesidade de consenso nos requirimentos da nova orde para adaptar o noso servizo os requirimentos da Xunta, xa que estando en proceso de redacción é posible que as nosas demandas sexan recollidas.

Demandamos que a orde recolla que o período de subvención sexa desde xaneiro de 2017, para aqueles concellos que na actualidade non son perceptores da subvención.

Outras das nosas demandas xorde á hora de contabilizar ás persoas usuarias e horas de atención. En Cangas as persoas usuarias poden ser atendidas á vez por diferentes profesionais, por este motivo é preciso que estas horas de atención se contabilicen por separado para cada profesional e non como unha única solicitude de atención.

A maiores, acláranse dúbidas do propio funcionamento e dos requisitos para optar á subvención, como a coordinación con centros médicos e educativos e a necesidade de poñer en funcionamento unha plataforma dixital que permita compartir información entre administracións e profesionais.