Ir o contido principal

Subvencións para o Desenvolvemento de Programas e Actividades de Servizos Sociais e Igualdade

FacebookTwitterShare
Subvencións para o Desenvolvemento de Programas e Actividades de Servizos Sociais e Igualdade

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou no 10.11.2017, as subvencións destinadas ao desenvolvemento de programas e actividades de servizos sociais e igualdade para o ano 2017, entre os que se inclúen:

  • Proxectos de atención a diversidade funcional
  • Proxectos de atención a familia e menores
  • Proxectos de atención a toxicomanía
  • Proxectos de prevención de situación de violencia de xénero
  • Proxectos dirixidos a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
  • Proxectos de atención a inmigración e as minorías étnicas
  • Proxectos de prevención da exclusión social ou de promoción da inclusión social
  • Proxectos de atención a persoas maiores
  • Proxectos de prevención e promoción da saúde física, psíquica e social

O prazo para presentar as solicitudes comprende 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no BOPPO.